O QUE DEBE SABER SOBRE AS NORMAS INTERNAS CASA DE TRILLO
Desexamos que a estadía en Casa de Trillo permita aos nosos clientes gozar do descanso, das instalacións e do entorno. Por iso, facilitámoslles estas normas internas que nos axudarán a brindarlles mellor hospitalidade.
1.ENTRADA. A entrada nas habitacións, o primeiro día, será a partir das 15:30 horas e antes das 20:00 horas. No caso de NO SHOW-NO PRESENTACIÓN, é dicir, a non presentación do cliente en Casa de Trillo o día no que debera iniciarse a estadía, no horario establecido de entrada, e sen terse producido a anulación previa do servizo, manterase a reserva ata ás 21:30 horas, cancelándose se durante este tempo non se tivese noticias do cliente.
2.REXISTRO. Todas as persoas hospedadas deberán rexistrarse de acordo ao disposto polas autoridades e abonar os servizos contratados no momento da entrada ou facilitar os datos dunha tarxeta.
3.SAÍDA. As habitacións deben deixarse libres antes das 12:00 do día de saída.
4.LIMPEZA DE HABITACIÓNS. A limpeza das habitacións realizase entre as 9:00 e as 14:00. As toallas sucias deixaranse dentro da bañeira ou prato de ducha.
5.RESERVAS:
a.Para efectuar a reserva deberase consultar a dispoñibilidade e solicitase un anticipo do 30% do importe total dos servizos que se contraten. O cliente deberá recibir a confirmación cos datos da súa reserva. Ás persoas que teñen este anticipo ingresado considéraselles a reserva en firme. Os prezos son os que figuran na web oficial do establecemento (www.casadetrillo.com)
b.Reservas con bonos de viaxe ou similares. Só se aceptarán este tipo de reservas se se realizan a través das súas centrais respectivas. Non se admitirán estes vales/bonos se non foron cursadas a súas reservas polas centrais respectivas.
c.Modificación da reserva. Deberán estar de acordo ambas partes, e deixarase por escrito (correo electrónico, fax). Atenderanse as modificacións de reservas sempre que dita modificación sexa anunciada con tempo e de forma que non altere as restantes reservas que a casa teña para ditas datas.
6.CANCELACIÓNS DE RESERVAS:
a.Se desexa adiantar o día de saída deberá abonar o importe total dos días reservados, se ben, poderán ser aprazados os días non desfrutados a outras datas posteriores (incluídas nos doce meses seguintes).
b.Se a anulación se produce con 15 días de antelación reembolsarase o importe total da reserva, descontando os gastos bancarios ocasionados. Se a notificación de anulación se produce entre os 14 e os 7 días anteriores, o cliente perderá o 100% do anticipo, aínda que poderá mantener o depósito para outra data(nos seis meses seguintes), sen perder o importe abonado. Se se notifica a anulación con menos de 7 días, o cliente perderá o total do depósito.
7.ALMORZO. O almorzo é caseiro e inclúe froita, aceite, mel, marmelada, mantequilla, zume de laranxa, tostadas de pan artesán, queixo ou embutidos, biscoito ou galletas, café, leite ou infusións. O horario do almorzo está comprendido entre as 9:00 e as 11:00. O prezo da cama supletoria tamén inclúe o almorzo da persoa que a ocupe.
8.DIETAS ESPECIAIS. Deben ser comunicados previamente os problemas que calquera persoa hospedada poida ter cos alimentos, en especial as intolerancias, para poder ter dispoñibles os produtos axeitados.
9.ANIMAIS. Deben ser consultadas previamente as condicións. En Casa de Trillo admitimos pequenas mascotas na planta baixa e dispoñemos de dúas canceiras. Os animais non poden permanecer no comedor nin no salón, nin molestar aos outros clientes.
10.SILENCIO. Esta é unha casa pequena. Rogamos que no sexan ruidosos e que a partir das 24:00 horas se respecte o silencio necesario para gozar dunha noite de descanso.
11.OUTROS. Está prohibido fumar dentro do establecemento. Tamén está prohibido o consumo ilegal de outras sustancias.