Ruta guiada Casa de Trillo
Un paseo por Santa Mariña cun acompañante da familia Trillo ábrenos as portas a historias do rural de Costa da Morte. Esta aldea atópase a 7km de Muxía, a 5km do Parador Costa da Morte e moi preto da prolongación do Camiño de Santiago a Fisterra-Muxía.
As próximas ondas do Atlántico mestúranse cos pobos castrexos, a historia dos foros, os dominios do Mosteiro de Moraime e o tesón das xentes do rural, con personaxes tan curiosos como os da familia Agar e o cura sabio de Villastose, José Arosa Muíño.
Explicaremos a evolución da Casa de Trillo e dunha saga familiar que se remonta á Idade Media. Coñeceremos o folclore e os lugares asociados á festividade de Santa Mariña. Percorreremos o bosque para chegar ao muíño e falaremos cos carballos centenarios.
Á volta espéranos unha degustación con produtos do mar e da terra que nos transporta aos sabores da Idade Media, ao máis puro estilo de slow food. Tamén teremos ocasión de catar viños con Denominación de Orixe galega e terminar cun dixestivo licor de Orujo.
Precios
Adultos e maiores de 10 anos: 25 ?
Nenos con idade entre os 5 e os 9 anos: 12 ?
Nenos pequenos ata os 4 anos: gratis (máximo 3 por ruta)
Non se permite que os nenos nagan a ruta sen un responsable maior.
O prezo inclúe: recorrido guiado e degustación.
Descrición da experiencia
Máximo de personas na actividade: 15
Duración media: 3 horas (incluíndo o tempo da degustación)
Actividade recomendable para familias con nenos e amantes da natureza e o rural.
A ruta discorre por un sendeiro no bosque. Recoméndase asistir con calzado cómodo e vestimenta adecuada á meteoroloxía.
A dificultade é baixa.
A degustación está inspirada nas preparacións medieváis.
Regala esta experiencia
Dispoñemos de BONOS REGALO PERSONALIZABLES.
Validez dos bonos: 12 meses desde a data de adquisición. Pódense trocar durante todas as datas nas que existe dispoñibilidade dentro deste período. Pasado ese tempo, o bono non terá validez e quedará anulado.
Ao realizar a compra recibirá as indicacións de como podemos enviar un bono en formato regalo á persoa que vostede desexe.
Reserva e forma de pago
Abónase o 100% no momento de efectuar a reserva.
En casos de anulación:
o Se é antes dos 15 días previos á data de reserva: devólvese o 75%
o Se é entre 7 e 15 días antes da data de reserva: devólvese o 50%
o Se é durante os últimos 7 días: non hai devolución
As persoas que non reserven tamén poderán gozar da experiencia sempre que teñamos grupo aberto e prazas dispoñibles.
Anulación da actividade
Se as condicións meteorolóxicas ou outras causas obrigasen á organización a anular a actividade, o cliente ten dereito a solicitar o cambio para outra data dispoñible ou a recibir o importe abonado.
Calendario para 2020
Xullo, agosto, setembro
? Día da semana: xoves e sábado
? Horario: empeza ás 19:00h
Outubro, novembro, decembro
? Día da semana: sábado
? Horario: empeza ás 11:00h